martes, 9 de marzo de 2010

EU: UN LIBRO SOBRE NÓS MESMOS

Fai unhas semanas comezamos unha nova andadura na clase do peixe, un propósito que aínda non sabemos moi ben onde nos levará. Trátase da creación dun libro sobre nós mesmos ao cal chamamos, como non podía ser doutro xeito, EU.

Nun primeiro momento marcamos dous días a semana para traballar neste cuaderno, os martes e venres; sendo por un lado un pequeno cambio do noso traballo e tamén unha rutina máis que lles axuda a ir adquirindo conceptos temporais.

Como calquera bo libro precisaba dunha portada onde aparecera unha foto do autor (ou no seu defecto un debuxo do mesmo). Así quedaron todas as portadas dos libros da clase:



Xa levamos un breve traballo na súa creación que imos a ensinarvos ao longo deste días. Como podedes observar xa comezamos a coñecer e pensar sobre a necesidade da lectoescritura para poder entendernos e que aqueles que lean o noso traballo o poidan entender, así que, dun xeito lúdico, comezamos a recoñecer letras e comezar a escribir aquelas que precisamos, como por exemplo o noso nome "para non perder a nosa páxina".


En moi poucos días presentarémosvos máis partes deste libro.

1 comentarios:

Ana dijo...

MERECEDES UN PREMIO POR TER UN BLOG CHULI. PASADE A RECOLLELO EN ACLASEDEANA.BLOGSPOT.COM.

UN BICAZO DENDE PONTEDEUME!

Publicar un comentario

 

Design By:
SkinCorner