Esta semana foi unha semana centrada no entroido, para todos coñecido previamente. Con motivo destas datas creamos un recanto novo na aula (un que polo momento non sei se é temporal ou quedará para futuros xogos), trátase do recanto dos disfraces. Como sempre as novidades sempre son ben recibidas e acollidas con gran interese polos nenos e nenas da clase do peixe.
Podiamos coller os disfraces que máis nos gustara e probar a ser novos personaxes. As fotos foron, en concreto, no día que tamén podían traer disfraces da casa.
O venres 12 chegou o gran día do desfile; xa tiñamos preparados os nosos traxes de gala e tamén practicáramos como ir por parellas (algo novo para nós). A verdade que a pesares do nervios do día, portáronse moi ben seguindo as pautas que se lles marcara para a saída.
Á volta tiñamos preparada unha festa gastronómica coas larpeiras típicas destas festas (filloas, orellas, rosquillas, etc...). Como facía bo día, as titoras decidimos festexala no patio; así que perparamos varias mesas cun variado de doces preparadas polas familias dos nenos e nenas de 3 anos. Moitas grazas pola vosa colaboración! Despois da enchenta tivemos un bo anaco para xogar e bailar (xa que por un día tiñamos música no patio).
Déixovos coas fotos e algún video do desfile e da festa posterior.
0 comentarios:
Publicar un comentario