Mostrando entradas con la etiqueta RUTINAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RUTINAS. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de marzo de 2010

EU: UN LIBRO SOBRE NÓS MESMOS

Fai unhas semanas comezamos unha nova andadura na clase do peixe, un propósito que aínda non sabemos moi ben onde nos levará. Trátase da creación dun libro sobre nós mesmos ao cal chamamos, como non podía ser doutro xeito, EU.

Nun primeiro momento marcamos dous días a semana para traballar neste cuaderno, os martes e venres; sendo por un lado un pequeno cambio do noso traballo e tamén unha rutina máis que lles axuda a ir adquirindo conceptos temporais.

Como calquera bo libro precisaba dunha portada onde aparecera unha foto do autor (ou no seu defecto un debuxo do mesmo). Así quedaron todas as portadas dos libros da clase:



Xa levamos un breve traballo na súa creación que imos a ensinarvos ao longo deste días. Como podedes observar xa comezamos a coñecer e pensar sobre a necesidade da lectoescritura para poder entendernos e que aqueles que lean o noso traballo o poidan entender, así que, dun xeito lúdico, comezamos a recoñecer letras e comezar a escribir aquelas que precisamos, como por exemplo o noso nome "para non perder a nosa páxina".


En moi poucos días presentarémosvos máis partes deste libro.

jueves, 21 de enero de 2010

REMATAMOS UN TRIMESTRE...

Rematamos o trimestre pasado con moitos progresos no peto:
  • xa comezaramos coa figura do encargado, os cales teñen un gran presenza ao longo de toda a xornada. Grazas a esta figura os máis "movidos" comezan a centrarse en pequenas tarefas relevantes no día a día e os máis "calados e tranquilos" comezan a expresar e participar máis nas actividades grupais da aula.
Este elixido ou elixida encargarase de facer as rutinas da asemblea (entregar os peixes a cada un, completar o calendario e informarnos do tempo...) encárgase do reparto de caixas e cuadernos e é o responsable de encabeza a fila.

  • tiñamos moi ben adquiridas moitas das rutinas da aula como as entradas e saídas, a autonomía nos momentos de vestido e aseo e melloramos nas asembleas aínda que nos custan moito respetar as quendas de palabra.
  • iniciamos outras novas que seguiriamos traballando e complicando neste novo trimestre (o calendario, os recantos de xogo...).

Unha desas novas rutinas é a organización dos recantos de xogo, onde temos que lograr organizarnos para xogar uns cantos en cada recanto ao mesmo tempo que conseguir ter unha zona de xogo máis tranquila e axeitada.

Así nos últimos meses conseguimos pasar dun momento de caos e desorde...



...a un momento con máis diversidade de xogo pero máis agradable no que estar.

 

Design By:
SkinCorner