Rematamos o trimestre pasado con moitos progresos no peto:
- xa comezaramos coa figura do encargado, os cales teñen un gran presenza ao longo de toda a xornada. Grazas a esta figura os máis "movidos" comezan a centrarse en pequenas tarefas relevantes no día a día e os máis "calados e tranquilos" comezan a expresar e participar máis nas actividades grupais da aula.
Este elixido ou elixida encargarase de facer as rutinas da asemblea (entregar os peixes a cada un, completar o calendario e informarnos do tempo...) encárgase do reparto de caixas e cuadernos e é o responsable de encabeza a fila.
- tiñamos moi ben adquiridas moitas das rutinas da aula como as entradas e saídas, a autonomía nos momentos de vestido e aseo e melloramos nas asembleas aínda que nos custan moito respetar as quendas de palabra.
- iniciamos outras novas que seguiriamos traballando e complicando neste novo trimestre (o calendario, os recantos de xogo...).
Unha desas novas rutinas é a organización dos recantos de xogo, onde temos que lograr organizarnos para xogar uns cantos en cada recanto ao mesmo tempo que conseguir ter unha zona de xogo máis tranquila e axeitada.
Así nos últimos meses conseguimos pasar dun momento de caos e desorde...
...a un momento con máis diversidade de xogo pero máis agradable no que estar.
0 comentarios:
Publicar un comentario