domingo, 31 de enero de 2010

...COMEZAMOS UN NOVO

Comezamos un novo trimestre e con el chegamos a outra estación; polo que este días estivemos a coñecer algo máis do inverno e, por mor das características climatolóxicas que vivimos nas vacacións, moitos dos nenos e nenas estiveron en contacto coa neve no comezo de xaneiro.

Como non podía ser menos á nosa árbore da aula tamén lle puxemos algo de neve ao mesmo tempo que comezabamos o novo calendario do mes.

Co comezo deste trimestre as cousas pouco a pouco vanse complicando. As nosas mascotas da aula cambiaron a cada neno e nena de sitio (seguramente para potenciar que nos coñezamos entre todos un pouco máis) sendo todo un acontecemento no noso pequeno acuario. Ademáis tamén quitaron todas as fotos que tiñamos nas mesas polo que non podemos saber cal é o noso sitio se non é polo nome... Temos que esforzarnos máis por intentar descifrar e recoñecer o noso nome neste novo trimestre. Esta é a nova disposición dos grupos.


Este foi o motivo polo que comezamos a traballar, entre outras cousas, o noso nome de maneira máis profunda e máis motivados. O primeiro que nos chamou a atención é que non todos os nomes son iguais, algúns son moito máis longos e outros máis curtos. Así que esta foi unha das primeiras actividades que propuxemos a profe Lidia e máis eu para facer todos xuntos.

Durante a mesma non todos estivemos de acordo coa elección de cada un, xa que tampouco tiñamos moitas estratexias para decidir (medida, número de letras) pero polo momento foi aceptada a decisión persoal como válida.

Ensínovos cal foi o proceso desta actividade.



Esta mesma clasificación (longo-curto) é a que usamos para axudarnos a recoñecer os nosos nomes para poñer nos paneis dos recantos de xogo. Pouco a pouco comezamos a diferencialos aínda que necesitamos algunha axuda polo momento.

Para rematar propóñovos un xogo coa familia. Poño a vosa disposición un frigorífico para que xogedes cos nenos e nenas a poñer o seu nome cos imáns das letras. Espero que vos divertades con este pequeno xogo pero sobre todo que os "peixiños" se sintan importantes durante un anaco mentres estean aprendendo.


jueves, 21 de enero de 2010

REMATAMOS UN TRIMESTRE...

Rematamos o trimestre pasado con moitos progresos no peto:
  • xa comezaramos coa figura do encargado, os cales teñen un gran presenza ao longo de toda a xornada. Grazas a esta figura os máis "movidos" comezan a centrarse en pequenas tarefas relevantes no día a día e os máis "calados e tranquilos" comezan a expresar e participar máis nas actividades grupais da aula.
Este elixido ou elixida encargarase de facer as rutinas da asemblea (entregar os peixes a cada un, completar o calendario e informarnos do tempo...) encárgase do reparto de caixas e cuadernos e é o responsable de encabeza a fila.

  • tiñamos moi ben adquiridas moitas das rutinas da aula como as entradas e saídas, a autonomía nos momentos de vestido e aseo e melloramos nas asembleas aínda que nos custan moito respetar as quendas de palabra.
  • iniciamos outras novas que seguiriamos traballando e complicando neste novo trimestre (o calendario, os recantos de xogo...).

Unha desas novas rutinas é a organización dos recantos de xogo, onde temos que lograr organizarnos para xogar uns cantos en cada recanto ao mesmo tempo que conseguir ter unha zona de xogo máis tranquila e axeitada.

Así nos últimos meses conseguimos pasar dun momento de caos e desorde...



...a un momento con máis diversidade de xogo pero máis agradable no que estar.

martes, 19 de enero de 2010

FOLGA XERAL NO ENSINO O DÍA 21

Despois dunha profunda reflexión sobre a miña profesión e o meu deber coma docente decidín unirme á folga do día 21 en contra do decreto do pluriligüismo, xa que estou convencida que temos que protexer o noso patrimonio e potenciar, canda menos, desde as escolas o coñecemento do galego e da nosa propia cultura.

Neste proceso de reflexión persoal e profesional apoieime en dous escritos que vos aporto por se queredes botarlle unha ollada: o primeiro é o borrador do decreto do plurilingüismo, plantexado desde a consellería de educación e, o segundo é unha resposta a ese borrador aportado pola RAG, tendo nestes dous documentos as dúas caras da moeda.


lunes, 4 de enero de 2010

A CHEGADA DOS REIS

O último día do trimestre tivemos unha gran visita: OS REIS MAGOS. Na espera deste día fixemos cada neno e nena unha carta para eles. Nela pediamos un agasallo para cada un pero o difícil de facela era que o debuxo representativo do agasallo tiña que ser o bastante concreto para que os tres reis o poideran entender...ESTIVEMOS MOI CONCENTRADOS EN FACER UN DEBUXO MOI CLARO..É QUE CANDO ALGO INTERESA...!

Cando os vimos nin choramos nin nada pero iso sí, estivemos todo o día tan alterados que nin poidemos facer unha foto en grupo en condicións. Neste día tamén nos acordamos dos nenos que non poideron ir e tamén botamos as súas cartas ao buzón avisando aos reis de que tiñan que ler tamén éstas.

DE PARTE DE TODA A CLASE DO PEIXE BO NADAL! DISFRUTADE DAS FOTOS!

 

Design By:
SkinCorner