lunes, 4 de enero de 2010

A CHEGADA DOS REIS

O último día do trimestre tivemos unha gran visita: OS REIS MAGOS. Na espera deste día fixemos cada neno e nena unha carta para eles. Nela pediamos un agasallo para cada un pero o difícil de facela era que o debuxo representativo do agasallo tiña que ser o bastante concreto para que os tres reis o poideran entender...ESTIVEMOS MOI CONCENTRADOS EN FACER UN DEBUXO MOI CLARO..É QUE CANDO ALGO INTERESA...!

Cando os vimos nin choramos nin nada pero iso sí, estivemos todo o día tan alterados que nin poidemos facer unha foto en grupo en condicións. Neste día tamén nos acordamos dos nenos que non poideron ir e tamén botamos as súas cartas ao buzón avisando aos reis de que tiñan que ler tamén éstas.

DE PARTE DE TODA A CLASE DO PEIXE BO NADAL! DISFRUTADE DAS FOTOS!

1 comentarios:

PALOMA dijo...

Hola Ana, e tamén a todos os peixes.Feliz ano. Despois destas vacacións, e de descansar moito, imos a empezar o ano con moito ánimo e ledicia.
Alégrome de veros ben a todos.
Moitos bicos

Paloma

Publicar un comentario

 

Design By:
SkinCorner