Como sabedes a festa dos aniversarios coincidiu coa celebración do Samaín, así que amósovos o primeiro video do día, o cal está centrado nas actividades que fixemos coa cabaza antes da festa.
Despois de ulir, tocar, pesar e analizar a hortaliza, e grazas a axuda de Juan (o mestre de psicomotricidade e de apoio,) puidemos ver como se tallaba unha cabaza. Disfrutamos deste momento a clase do peixe e a clase do tren.
Como recordo desta conmemoración levamos as caretas que fixemos ao longo da semana.
Espero que disfrutedes co video igual que nos disfrutamos neste día!
2 comentarios:
Hola Ana,¿de que tamaño queres o tetrabrick para o magosto?¿mandámolo aberto?
Gracias, un saúdo
Iria
Hola Iria. Da igual o tamaño, a forma, etc... Eu prefiro que non o mandedes aberto xa que aproveitaremos o brick para facer máis actividades. Xa me encargo eu de abrilo.
O que é moi importante é que veña lavado.
Moitas gracias pola vosa axuda.
Publicar un comentario