sábado, 29 de mayo de 2010

A LOCURA DE PINTAR OS PÉS

Un día cheguei á aula cunha experiencia duns nenos e nenas de Barcelona que gustoume moito. Saqueina dun libro chamado "Buenas prácticas y educación matemática" e como di o seu título tratábase de traballar a lóxica-matemática dende distintas experiencias.

Unha delas adicábase ao uso dos zapatos para traballar os tamaños, os números, entre outros aspectos. Esta foi a experiencia que propuxen na aula e, como non, todos aceptaron encantados.

A experiencia incorporóuse dentro do libro Eu. Entenderedes mellor a experiencia coa montaxe do vide. Coma sempre, esperamos que vos guste.





viernes, 28 de mayo de 2010

ANIVERSARIOS DE MAIO

Aí van as fotos do cumple de maio...pasámolo moi ben e comemos moitísimo! (incluída a mestra) Moitas grazas Jose e Diego!

XA TEMOS CATRO ANOS!!!


viernes, 14 de mayo de 2010

O LIBRO EU SEGUE VIVO

O proxecto da creación dun libro sobre nós mesmos segue vivo e avanzando co tempo. Son varias as actividades que foron xurdindo durante este último mes respeto ao noso corpo.

Por un lado xogamos coa nosa cara, as pintamos, as cambiamos, a dibuxamos pero unha das propostas que máis nos motivou foi facer un pequeno puzzle coa nosa foto. Foi un obxetivo algo complexo e non todos poidemos rematalo satisfactoriamente pero entón xurdiu o compañerismo e, entre uns e outros, todos rematamos a actividade. Mirade que chula e divertida foi a actividade.

(Algunhas das fotos foron feitas polos nenos xa que eles tamén querían axudarme coa miña parte do traballo)






Outra actividade foi a de medirnos. Como era algo máis complexo do que pensamos tivemos unha conversa previa de que era eso de medir, para que servía unha cinta métrica... Probamos a medir moitas cousas (a mesa, o encerado, o espello...). Despois de practicar un bo rato estabamos preparados para medirnos cada un.


domingo, 25 de abril de 2010

ANIVERSARIOS DE MARZO E ABRIL

Os aniversarios de marzo e abril foi toda unha gran festa. Os tres homenaxeados trouxeron unha gran tarta para compartir con todos os compañeiros e compañeiras. Miña nai como nos puxemos!!! Que rica estaba!

Despois estábamos cheos de enerxía polo que preparamos unha pista de baile, movendo todas as mesas e cadeiras. Fixemos un gran baile onde podiamos bailar, correr e saltar sen perigo.

Estas son unhas poucas fotos dese día tan divertido; esperamos que vos gusten.



domingo, 18 de abril de 2010

CHEGADA DA PRIMAVERA, MACEDONIA E OUTROS LOGROS.


A chegada da primavera foi celebrada coa organización dunha macromacedonia de tódalas aulas de tres anos, onde fomos capaces de pelar, cortar e trocear con gran atino as froitas traídas desde casa (amorodos, pera, mazá, mandarina e plátano). Era unha actividade que nos axudaba a seguir traballando cos alimentos (temática que nos tiña ocupados nas últimas semanas ao mesmo tempo que falabamos da chegada do bo tempo, etc...).

Uns pocos días antes entre a clase do tren e a nosa (clase do peixe) completamos un mural onde íamos marcando os alimentos según a súa orixe (dos animais ou das plantas).Non podemos queixarnos das ideas previas e a gran bagaxe que teñen xa os nosos rapaces pois a actividade saiu moito mellor do esperado cando foi proposta. Como xa tiñamos pensado deunos pé a falar da importancia das verduras, as froitas, as carnes na nosa alimentación. Con este entorno foi propicio a elaboración da macedonia. Mostrámovos algunhas das fotos desta actividade.




Como era de esperar comezamos xa, tamén nestas últimas semanas, a decorar a aula coa chegada da primavera e como nos podía ser doutro xeito comezamos pola nosa árbore (enlace: como fixemos a nosa árbore) que así quedou coa nova estación.



martes, 30 de marzo de 2010

O MEU CORPO

Como parte do pequeno proxecto Eu propuxemos, ao remate do segundo trimestre, unha actividade cooperativa, a cal consistía en completar as partes do corpo da miña silueta.

Agasallámosvos cunha pequena fiestra a nosa aula para que vexades como son os nosos primeiros plantexamentos e ideas das cousas que faltan.


Despois cada un ía poñendo unha das partes que pensara e outras novas que non se nos ocurrira antes. cando xa todo estaba no "seu sitio" a un deles ocurriuselle poñer as palabras para que os demais poideran saber que era aquilo. Cando nos dimos conta eran moitas as palabras que tiñamos (unhas longas e outras máis curtas) pero nalgunas delas atopamos letras xa coñecidas (a letra de Alba, a de Marcos ou Martina...)


O resultado final está exposto no corredor do colexio para o disfrute dos demais nenos e como mostra do que son capaces "os máis pequenos do colexio".

martes, 9 de marzo de 2010

EU: UN LIBRO SOBRE NÓS MESMOS

Fai unhas semanas comezamos unha nova andadura na clase do peixe, un propósito que aínda non sabemos moi ben onde nos levará. Trátase da creación dun libro sobre nós mesmos ao cal chamamos, como non podía ser doutro xeito, EU.

Nun primeiro momento marcamos dous días a semana para traballar neste cuaderno, os martes e venres; sendo por un lado un pequeno cambio do noso traballo e tamén unha rutina máis que lles axuda a ir adquirindo conceptos temporais.

Como calquera bo libro precisaba dunha portada onde aparecera unha foto do autor (ou no seu defecto un debuxo do mesmo). Así quedaron todas as portadas dos libros da clase:



Xa levamos un breve traballo na súa creación que imos a ensinarvos ao longo deste días. Como podedes observar xa comezamos a coñecer e pensar sobre a necesidade da lectoescritura para poder entendernos e que aqueles que lean o noso traballo o poidan entender, así que, dun xeito lúdico, comezamos a recoñecer letras e comezar a escribir aquelas que precisamos, como por exemplo o noso nome "para non perder a nosa páxina".


En moi poucos días presentarémosvos máis partes deste libro.

 

Design By:
SkinCorner