Mostrando entradas con la etiqueta PERIODO DE ADAPTACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PERIODO DE ADAPTACIÓN. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de octubre de 2009

O PRIMEIRO MES

Xa cumprimos o noso primeiro mes no cole. Os primeiros días foron un pouco difíciles tanto para eles como para min pero foi un bo proceso onde comezariamos a coñecernos e na cal, empeza a nosa “convivencia escolar”.


Non fun consciente que eu tamén tiña que pasar por un periodo de adaptación, por iso comencei moi cedo co blog e vinme despois incapaz de atender a todo o que tiña plantexado. Este mes foi moi intenso xa que tiñamos que adaptarnos aos distintos momentos do día, ao caracter de cada un... Remataba o día moi cansa. A partir de agora as publicacións no blogue serán máis continuas, cada semana poñerei as novidades que sucedan no noso acuario.


Nestes primeiros días coñecimos os materiais e algúns espazos do cole: a aula de psicomotricidade, a aula de video, o patio, os baños... Todos eles foron motivo de conversas e momentos divertidos para nós.


Como calquera outra convivencia é importante marcar unhas normas para facilitar o levarnos mellor e que nos axuden a prever e resolver os conflitos. Comezamos con elas nestas dúas últimas semanas. Introducímolas de xeito motivador (ou iso pretendo) coa chegada dun sobre para a “clase do peixe” cunha lámina identificativa, para que pouco a pouco as interioricemos.


Só temos dúas normas marcadas polo momento pero iso sí, facémolas bastante ben!:


A primeira é a norma da asemblea; a cal é importante para comezar pouco a pouco a escoitamos e coñecernos. Con esta norma traballamos o sentarse de xeito que todos nos vexamos a cara, que para falar levantemos a man e o máis importante, que cando un fala os demais temos que escoitar. Sei que é unha norma moi complexa pero en pouco días xa atopamos eses momentos máxicos de reunión entre nós.


A segunda norma que traballamos é a de “facer ben o tren”, coa que xa somos uns grandes expertos.


En breve chegará outra norma que dará moito que falar na clase...


Outro dos elementos novos que chegaron a aula é o noso reloxo das rutinas. Nel marcamos cales son os principais momentos do día.


Ata este momento estivemos moi preocupados por cando ímos para casa, cando chega mamá ou papá, cando imos o patio...e calquera cambio brusco no día era susceptible de agobios e choros. Se miramos para o noso reloxo saberemos que virá despois, cando é o momento do patio, o momento do conto, etc... Este reloxo será unha peza que axudaranos a tranquilizarnos, a disfrutar da nosa xornada e facilitar a formación das nocións espazos-temporais.


Ao longo desta semana publicarei a miña idea para a organización dos aniversarios dos nenos e nenas da clase.


Un saúdo!

sábado, 12 de septiembre de 2009

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO ACUARIO

Pónse en marcha o novo blog da clase dos peixes, unha clase de nenos e nenas de 3 anos de Arteixo. A idea principal deste blog é que sexa un espazo para opinar, informarse e participar da vida escolar dos vosos fillos e fillas.

Que mellor lugar que nun acuario para reunirse e comentar a experiencia dos nosos peixes, é por iso que escollín este nome para o blog. Espero ir convertindo o blog nun acuario acolledor onde podamos favorecer un traballo onde teñades cabida tamén dende a casa.

Na maioría dos nenos e nenas é unha das primeiras experiencias "lonxe" da súa casa. O blog tamén busca que esteades informados do que sucede e así favorecer a conversa na vosa casa sobre o que pasou ao longo da semana.

Como sabedes acabamos de comezar o periodo de adaptación, un periodo tan necesario e útil para os nenos e nenas como caótico para as familias, por iso agradézovos dende o primeiro momento a vosa disposición e axuda nestas dúas semanas.

Un saúdo e benvidos ao noso acuario.
 

Design By:
SkinCorner