viernes, 11 de junio de 2010

AS ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO CURSO

Neste último trimestre tivemos programadas tres actividades algo diferentes ao que estamos acostumados: teatro dentro e fóra do colexio e unha visita dun mago. Foron momentos de moitos nervios pero tamén de moitas sorpresas. Estabamos moi asombrados pero ata fomos capaces de saír a falar ao micro. Mirade, mirade...


martes, 8 de junio de 2010

O ÚLTIMO ANIVERSARIO DO CURSO

Aquí tedes, por fin, as fotos do último aniversario do curso. Este foi adicado aos que cumplían en xuño, xullo e agosto; polo que eran cinco homenaxeados neste día.

A tarta foi espectacular, e como non, boísima! Pasámolo moi ben durante toda a mañá, xa que todo sabiamos que era unha das últimas festas na clase do peixe.



Tivemos momento de baile, e como non, aproveitei para plasmalo en video e así, poder compartilo con todas as familias.

Un baile rápido:


Un baile lento:





martes, 1 de junio de 2010

COMPAÑA NO ÚLTIMO TRIMESTRE

O final do último trimestre estivo acompañado por unhas mascotas algo diferentes, unhas que non tiñas pés. Aproveitamos que os nenos e nenas de catro anos estaban a aprender cousas sobre os caracois e que tiñas moitos deles na súa clase. A profe Lidia deuxóunos unha cesta deles para velos durante toda unha mañá.

Por outro lado, Isabel (otras das profes de catro anos) agasallounos cuns exemplares de vermes de seda para que poidaramos coidalos e vela súa transformación.

Aprendimos como se movían, cal era a súa comida e como facían o capullo para transformarse nunha bolboreta, non moi bonita pero, en fin, nunha bolboreta.

Deixámosvos coas mellores fotos deses días.


sábado, 29 de mayo de 2010

A LOCURA DE PINTAR OS PÉS

Un día cheguei á aula cunha experiencia duns nenos e nenas de Barcelona que gustoume moito. Saqueina dun libro chamado "Buenas prácticas y educación matemática" e como di o seu título tratábase de traballar a lóxica-matemática dende distintas experiencias.

Unha delas adicábase ao uso dos zapatos para traballar os tamaños, os números, entre outros aspectos. Esta foi a experiencia que propuxen na aula e, como non, todos aceptaron encantados.

A experiencia incorporóuse dentro do libro Eu. Entenderedes mellor a experiencia coa montaxe do vide. Coma sempre, esperamos que vos guste.





viernes, 28 de mayo de 2010

ANIVERSARIOS DE MAIO

Aí van as fotos do cumple de maio...pasámolo moi ben e comemos moitísimo! (incluída a mestra) Moitas grazas Jose e Diego!

XA TEMOS CATRO ANOS!!!


viernes, 14 de mayo de 2010

O LIBRO EU SEGUE VIVO

O proxecto da creación dun libro sobre nós mesmos segue vivo e avanzando co tempo. Son varias as actividades que foron xurdindo durante este último mes respeto ao noso corpo.

Por un lado xogamos coa nosa cara, as pintamos, as cambiamos, a dibuxamos pero unha das propostas que máis nos motivou foi facer un pequeno puzzle coa nosa foto. Foi un obxetivo algo complexo e non todos poidemos rematalo satisfactoriamente pero entón xurdiu o compañerismo e, entre uns e outros, todos rematamos a actividade. Mirade que chula e divertida foi a actividade.

(Algunhas das fotos foron feitas polos nenos xa que eles tamén querían axudarme coa miña parte do traballo)






Outra actividade foi a de medirnos. Como era algo máis complexo do que pensamos tivemos unha conversa previa de que era eso de medir, para que servía unha cinta métrica... Probamos a medir moitas cousas (a mesa, o encerado, o espello...). Despois de practicar un bo rato estabamos preparados para medirnos cada un.


domingo, 25 de abril de 2010

ANIVERSARIOS DE MARZO E ABRIL

Os aniversarios de marzo e abril foi toda unha gran festa. Os tres homenaxeados trouxeron unha gran tarta para compartir con todos os compañeiros e compañeiras. Miña nai como nos puxemos!!! Que rica estaba!

Despois estábamos cheos de enerxía polo que preparamos unha pista de baile, movendo todas as mesas e cadeiras. Fixemos un gran baile onde podiamos bailar, correr e saltar sen perigo.

Estas son unhas poucas fotos dese día tan divertido; esperamos que vos gusten.



domingo, 18 de abril de 2010

CHEGADA DA PRIMAVERA, MACEDONIA E OUTROS LOGROS.


A chegada da primavera foi celebrada coa organización dunha macromacedonia de tódalas aulas de tres anos, onde fomos capaces de pelar, cortar e trocear con gran atino as froitas traídas desde casa (amorodos, pera, mazá, mandarina e plátano). Era unha actividade que nos axudaba a seguir traballando cos alimentos (temática que nos tiña ocupados nas últimas semanas ao mesmo tempo que falabamos da chegada do bo tempo, etc...).

Uns pocos días antes entre a clase do tren e a nosa (clase do peixe) completamos un mural onde íamos marcando os alimentos según a súa orixe (dos animais ou das plantas).Non podemos queixarnos das ideas previas e a gran bagaxe que teñen xa os nosos rapaces pois a actividade saiu moito mellor do esperado cando foi proposta. Como xa tiñamos pensado deunos pé a falar da importancia das verduras, as froitas, as carnes na nosa alimentación. Con este entorno foi propicio a elaboración da macedonia. Mostrámovos algunhas das fotos desta actividade.




Como era de esperar comezamos xa, tamén nestas últimas semanas, a decorar a aula coa chegada da primavera e como nos podía ser doutro xeito comezamos pola nosa árbore (enlace: como fixemos a nosa árbore) que así quedou coa nova estación.



martes, 30 de marzo de 2010

O MEU CORPO

Como parte do pequeno proxecto Eu propuxemos, ao remate do segundo trimestre, unha actividade cooperativa, a cal consistía en completar as partes do corpo da miña silueta.

Agasallámosvos cunha pequena fiestra a nosa aula para que vexades como son os nosos primeiros plantexamentos e ideas das cousas que faltan.


Despois cada un ía poñendo unha das partes que pensara e outras novas que non se nos ocurrira antes. cando xa todo estaba no "seu sitio" a un deles ocurriuselle poñer as palabras para que os demais poideran saber que era aquilo. Cando nos dimos conta eran moitas as palabras que tiñamos (unhas longas e outras máis curtas) pero nalgunas delas atopamos letras xa coñecidas (a letra de Alba, a de Marcos ou Martina...)


O resultado final está exposto no corredor do colexio para o disfrute dos demais nenos e como mostra do que son capaces "os máis pequenos do colexio".

martes, 9 de marzo de 2010

EU: UN LIBRO SOBRE NÓS MESMOS

Fai unhas semanas comezamos unha nova andadura na clase do peixe, un propósito que aínda non sabemos moi ben onde nos levará. Trátase da creación dun libro sobre nós mesmos ao cal chamamos, como non podía ser doutro xeito, EU.

Nun primeiro momento marcamos dous días a semana para traballar neste cuaderno, os martes e venres; sendo por un lado un pequeno cambio do noso traballo e tamén unha rutina máis que lles axuda a ir adquirindo conceptos temporais.

Como calquera bo libro precisaba dunha portada onde aparecera unha foto do autor (ou no seu defecto un debuxo do mesmo). Así quedaron todas as portadas dos libros da clase:



Xa levamos un breve traballo na súa creación que imos a ensinarvos ao longo deste días. Como podedes observar xa comezamos a coñecer e pensar sobre a necesidade da lectoescritura para poder entendernos e que aqueles que lean o noso traballo o poidan entender, así que, dun xeito lúdico, comezamos a recoñecer letras e comezar a escribir aquelas que precisamos, como por exemplo o noso nome "para non perder a nosa páxina".


En moi poucos días presentarémosvos máis partes deste libro.

domingo, 14 de febrero de 2010

UN ENTROIDO ATIGRADO

Esta semana foi unha semana centrada no entroido, para todos coñecido previamente. Con motivo destas datas creamos un recanto novo na aula (un que polo momento non sei se é temporal ou quedará para futuros xogos), trátase do recanto dos disfraces. Como sempre as novidades sempre son ben recibidas e acollidas con gran interese polos nenos e nenas da clase do peixe.
Podiamos coller os disfraces que máis nos gustara e probar a ser novos personaxes. As fotos foron, en concreto, no día que tamén podían traer disfraces da casa.





O venres 12 chegou o gran día do desfile; xa tiñamos preparados os nosos traxes de gala e tamén practicáramos como ir por parellas (algo novo para nós). A verdade que a pesares do nervios do día, portáronse moi ben seguindo as pautas que se lles marcara para a saída.
Á volta tiñamos preparada unha festa gastronómica coas larpeiras típicas destas festas (filloas, orellas, rosquillas, etc...). Como facía bo día, as titoras decidimos festexala no patio; así que perparamos varias mesas cun variado de doces preparadas polas familias dos nenos e nenas de 3 anos. Moitas grazas pola vosa colaboración! Despois da enchenta tivemos un bo anaco para xogar e bailar (xa que por un día tiñamos música no patio).
Déixovos coas fotos e algún video do desfile e da festa posterior.

martes, 2 de febrero de 2010

UN ANIVERSARIO PACÍFICO

Como sabedes o día da paz coincidiu coa celebración dos aniversarios de Xaneiro, así que tivemos un aniversario pacífico.

Celebramos a paz cunha obra solidaria para a axudar aos nenos e nenas de Haití. Reunímonos todos xuntos para encher unha pomba coa aportación das familias de cada aula. Só os nenos/as de Infantil recaudaron 882,50 €.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NESTA INICIATIVA!

*dalle ao altavoz para escoitar a música

Despois deste momento tan bonito volvimos á aula para CELEBRAR OS ANIVERSARIOS DE XANEIRO!!! Foi a festa dos máis maiores da aula...xa 4 anos!!!

Para isto as familias de Brais e Noelia trouxeron dúas riquísimas tartas...que como podedes ver chupámonos os dedos nesta fantástica merendola. Moitas felicidades!!

domingo, 31 de enero de 2010

...COMEZAMOS UN NOVO

Comezamos un novo trimestre e con el chegamos a outra estación; polo que este días estivemos a coñecer algo máis do inverno e, por mor das características climatolóxicas que vivimos nas vacacións, moitos dos nenos e nenas estiveron en contacto coa neve no comezo de xaneiro.

Como non podía ser menos á nosa árbore da aula tamén lle puxemos algo de neve ao mesmo tempo que comezabamos o novo calendario do mes.

Co comezo deste trimestre as cousas pouco a pouco vanse complicando. As nosas mascotas da aula cambiaron a cada neno e nena de sitio (seguramente para potenciar que nos coñezamos entre todos un pouco máis) sendo todo un acontecemento no noso pequeno acuario. Ademáis tamén quitaron todas as fotos que tiñamos nas mesas polo que non podemos saber cal é o noso sitio se non é polo nome... Temos que esforzarnos máis por intentar descifrar e recoñecer o noso nome neste novo trimestre. Esta é a nova disposición dos grupos.


Este foi o motivo polo que comezamos a traballar, entre outras cousas, o noso nome de maneira máis profunda e máis motivados. O primeiro que nos chamou a atención é que non todos os nomes son iguais, algúns son moito máis longos e outros máis curtos. Así que esta foi unha das primeiras actividades que propuxemos a profe Lidia e máis eu para facer todos xuntos.

Durante a mesma non todos estivemos de acordo coa elección de cada un, xa que tampouco tiñamos moitas estratexias para decidir (medida, número de letras) pero polo momento foi aceptada a decisión persoal como válida.

Ensínovos cal foi o proceso desta actividade.



Esta mesma clasificación (longo-curto) é a que usamos para axudarnos a recoñecer os nosos nomes para poñer nos paneis dos recantos de xogo. Pouco a pouco comezamos a diferencialos aínda que necesitamos algunha axuda polo momento.

Para rematar propóñovos un xogo coa familia. Poño a vosa disposición un frigorífico para que xogedes cos nenos e nenas a poñer o seu nome cos imáns das letras. Espero que vos divertades con este pequeno xogo pero sobre todo que os "peixiños" se sintan importantes durante un anaco mentres estean aprendendo.


jueves, 21 de enero de 2010

REMATAMOS UN TRIMESTRE...

Rematamos o trimestre pasado con moitos progresos no peto:
  • xa comezaramos coa figura do encargado, os cales teñen un gran presenza ao longo de toda a xornada. Grazas a esta figura os máis "movidos" comezan a centrarse en pequenas tarefas relevantes no día a día e os máis "calados e tranquilos" comezan a expresar e participar máis nas actividades grupais da aula.
Este elixido ou elixida encargarase de facer as rutinas da asemblea (entregar os peixes a cada un, completar o calendario e informarnos do tempo...) encárgase do reparto de caixas e cuadernos e é o responsable de encabeza a fila.

  • tiñamos moi ben adquiridas moitas das rutinas da aula como as entradas e saídas, a autonomía nos momentos de vestido e aseo e melloramos nas asembleas aínda que nos custan moito respetar as quendas de palabra.
  • iniciamos outras novas que seguiriamos traballando e complicando neste novo trimestre (o calendario, os recantos de xogo...).

Unha desas novas rutinas é a organización dos recantos de xogo, onde temos que lograr organizarnos para xogar uns cantos en cada recanto ao mesmo tempo que conseguir ter unha zona de xogo máis tranquila e axeitada.

Así nos últimos meses conseguimos pasar dun momento de caos e desorde...



...a un momento con máis diversidade de xogo pero máis agradable no que estar.

martes, 19 de enero de 2010

FOLGA XERAL NO ENSINO O DÍA 21

Despois dunha profunda reflexión sobre a miña profesión e o meu deber coma docente decidín unirme á folga do día 21 en contra do decreto do pluriligüismo, xa que estou convencida que temos que protexer o noso patrimonio e potenciar, canda menos, desde as escolas o coñecemento do galego e da nosa propia cultura.

Neste proceso de reflexión persoal e profesional apoieime en dous escritos que vos aporto por se queredes botarlle unha ollada: o primeiro é o borrador do decreto do plurilingüismo, plantexado desde a consellería de educación e, o segundo é unha resposta a ese borrador aportado pola RAG, tendo nestes dous documentos as dúas caras da moeda.


lunes, 4 de enero de 2010

A CHEGADA DOS REIS

O último día do trimestre tivemos unha gran visita: OS REIS MAGOS. Na espera deste día fixemos cada neno e nena unha carta para eles. Nela pediamos un agasallo para cada un pero o difícil de facela era que o debuxo representativo do agasallo tiña que ser o bastante concreto para que os tres reis o poideran entender...ESTIVEMOS MOI CONCENTRADOS EN FACER UN DEBUXO MOI CLARO..É QUE CANDO ALGO INTERESA...!

Cando os vimos nin choramos nin nada pero iso sí, estivemos todo o día tan alterados que nin poidemos facer unha foto en grupo en condicións. Neste día tamén nos acordamos dos nenos que non poideron ir e tamén botamos as súas cartas ao buzón avisando aos reis de que tiñan que ler tamén éstas.

DE PARTE DE TODA A CLASE DO PEIXE BO NADAL! DISFRUTADE DAS FOTOS!

 

Design By:
SkinCorner