domingo, 14 de febrero de 2010

UN ENTROIDO ATIGRADO

Esta semana foi unha semana centrada no entroido, para todos coñecido previamente. Con motivo destas datas creamos un recanto novo na aula (un que polo momento non sei se é temporal ou quedará para futuros xogos), trátase do recanto dos disfraces. Como sempre as novidades sempre son ben recibidas e acollidas con gran interese polos nenos e nenas da clase do peixe.
Podiamos coller os disfraces que máis nos gustara e probar a ser novos personaxes. As fotos foron, en concreto, no día que tamén podían traer disfraces da casa.





O venres 12 chegou o gran día do desfile; xa tiñamos preparados os nosos traxes de gala e tamén practicáramos como ir por parellas (algo novo para nós). A verdade que a pesares do nervios do día, portáronse moi ben seguindo as pautas que se lles marcara para a saída.
Á volta tiñamos preparada unha festa gastronómica coas larpeiras típicas destas festas (filloas, orellas, rosquillas, etc...). Como facía bo día, as titoras decidimos festexala no patio; así que perparamos varias mesas cun variado de doces preparadas polas familias dos nenos e nenas de 3 anos. Moitas grazas pola vosa colaboración! Despois da enchenta tivemos un bo anaco para xogar e bailar (xa que por un día tiñamos música no patio).
Déixovos coas fotos e algún video do desfile e da festa posterior.

martes, 2 de febrero de 2010

UN ANIVERSARIO PACÍFICO

Como sabedes o día da paz coincidiu coa celebración dos aniversarios de Xaneiro, así que tivemos un aniversario pacífico.

Celebramos a paz cunha obra solidaria para a axudar aos nenos e nenas de Haití. Reunímonos todos xuntos para encher unha pomba coa aportación das familias de cada aula. Só os nenos/as de Infantil recaudaron 882,50 €.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NESTA INICIATIVA!

*dalle ao altavoz para escoitar a música

Despois deste momento tan bonito volvimos á aula para CELEBRAR OS ANIVERSARIOS DE XANEIRO!!! Foi a festa dos máis maiores da aula...xa 4 anos!!!

Para isto as familias de Brais e Noelia trouxeron dúas riquísimas tartas...que como podedes ver chupámonos os dedos nesta fantástica merendola. Moitas felicidades!!
 

Design By:
SkinCorner