domingo, 31 de enero de 2010

...COMEZAMOS UN NOVO

Comezamos un novo trimestre e con el chegamos a outra estación; polo que este días estivemos a coñecer algo máis do inverno e, por mor das características climatolóxicas que vivimos nas vacacións, moitos dos nenos e nenas estiveron en contacto coa neve no comezo de xaneiro.

Como non podía ser menos á nosa árbore da aula tamén lle puxemos algo de neve ao mesmo tempo que comezabamos o novo calendario do mes.

Co comezo deste trimestre as cousas pouco a pouco vanse complicando. As nosas mascotas da aula cambiaron a cada neno e nena de sitio (seguramente para potenciar que nos coñezamos entre todos un pouco máis) sendo todo un acontecemento no noso pequeno acuario. Ademáis tamén quitaron todas as fotos que tiñamos nas mesas polo que non podemos saber cal é o noso sitio se non é polo nome... Temos que esforzarnos máis por intentar descifrar e recoñecer o noso nome neste novo trimestre. Esta é a nova disposición dos grupos.


Este foi o motivo polo que comezamos a traballar, entre outras cousas, o noso nome de maneira máis profunda e máis motivados. O primeiro que nos chamou a atención é que non todos os nomes son iguais, algúns son moito máis longos e outros máis curtos. Así que esta foi unha das primeiras actividades que propuxemos a profe Lidia e máis eu para facer todos xuntos.

Durante a mesma non todos estivemos de acordo coa elección de cada un, xa que tampouco tiñamos moitas estratexias para decidir (medida, número de letras) pero polo momento foi aceptada a decisión persoal como válida.

Ensínovos cal foi o proceso desta actividade.



Esta mesma clasificación (longo-curto) é a que usamos para axudarnos a recoñecer os nosos nomes para poñer nos paneis dos recantos de xogo. Pouco a pouco comezamos a diferencialos aínda que necesitamos algunha axuda polo momento.

Para rematar propóñovos un xogo coa familia. Poño a vosa disposición un frigorífico para que xogedes cos nenos e nenas a poñer o seu nome cos imáns das letras. Espero que vos divertades con este pequeno xogo pero sobre todo que os "peixiños" se sintan importantes durante un anaco mentres estean aprendendo.


2 comentarios:

Iria dijo...

Hola Ana, quería saber se ides disfrazar ós nenos este ano e se vos fai falta algunha cousa.Outros anos teñen saído a rúa¿este ano tamén?Gracias
Un saúdo, Iria

Ana dijo...

Hola Iria, sí que nos vamos a disfrazar pero en principio no hace falta que traigáis nada ya que cada tutor se encarga de los disfraces pero gracias por preguntar. En cuanto a una salida a la calle, en principio está programada para el viernes pero no es preocupéis porque prepararé una nota informativa explicándoos todo.
Un saludo.

Publicar un comentario

 

Design By:
SkinCorner