sábado, 12 de septiembre de 2009

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO ACUARIO

Pónse en marcha o novo blog da clase dos peixes, unha clase de nenos e nenas de 3 anos de Arteixo. A idea principal deste blog é que sexa un espazo para opinar, informarse e participar da vida escolar dos vosos fillos e fillas.

Que mellor lugar que nun acuario para reunirse e comentar a experiencia dos nosos peixes, é por iso que escollín este nome para o blog. Espero ir convertindo o blog nun acuario acolledor onde podamos favorecer un traballo onde teñades cabida tamén dende a casa.

Na maioría dos nenos e nenas é unha das primeiras experiencias "lonxe" da súa casa. O blog tamén busca que esteades informados do que sucede e así favorecer a conversa na vosa casa sobre o que pasou ao longo da semana.

Como sabedes acabamos de comezar o periodo de adaptación, un periodo tan necesario e útil para os nenos e nenas como caótico para as familias, por iso agradézovos dende o primeiro momento a vosa disposición e axuda nestas dúas semanas.

Un saúdo e benvidos ao noso acuario.

5 comentarios:

PALOMA dijo...

Vexo que ainda nadie comentou nada e serei eu a primeira.
Venvidos aos nosos peixes, e espero que neste curso aprendan moito e o pasen fenomenal, uns con outros.
A ti Ana, pídoche moita paciencia, ainda que xa estarás acostumada cas focas, que me imaxino que os peixes son mais ou menos iguais que elas.
Bueno por hoxe depídome ata outra.

Un bico

Paloma (nai de Paulo)

PALOMA dijo...

Ana ,son eu outra vez. No comentario que fixen antes lieime e pensei que no curso anterior os teus alumnos eran foquiñas, pero non, eran barcos. Sinto o erro.

Iria dijo...

Hola Ana, son Iria, a mamá de Martina.
Quería agradecerche o teu recibimento ós nosos nenos nestes días tan complicados, e por adiantado, a túa paciencia con eles(e con nós).
Espero que pronto teñas tempo de contarnos algo a cerca do que fan no cole.
Un saúdo.

Iria dijo...

Hola Ana, alegrámonos de ver xa ós nosos peixes en acción.A min polo menos fáiseme curioso ver a Martina fóra do ambiente familiar, pero gústame moito.
Ademais é interesante saber as normas que tendes na clase, para poder continualas, no posible, na casa.
Outra cousa, a nena fálame de Juan¿quen é, outro maestro?.
Bueno, seguiremos con atención o movemento do acuario.Un saúdo
Juan e Iria

Ana dijo...

Gracias a todos por os vosos comentarios e por os vosos ánimos!!! Que gusto da traballar así.

Iria: Juan é o outro maestro que lles da psicomotricidade e outras sesións dentro da aula ao longo da semana.

Un saúdo a todos!

Publicar un comentario

 

Design By:
SkinCorner