sábado, 12 de septiembre de 2009

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO ACUARIO

Pónse en marcha o novo blog da clase dos peixes, unha clase de nenos e nenas de 3 anos de Arteixo. A idea principal deste blog é que sexa un espazo para opinar, informarse e participar da vida escolar dos vosos fillos e fillas.

Que mellor lugar que nun acuario para reunirse e comentar a experiencia dos nosos peixes, é por iso que escollín este nome para o blog. Espero ir convertindo o blog nun acuario acolledor onde podamos favorecer un traballo onde teñades cabida tamén dende a casa.

Na maioría dos nenos e nenas é unha das primeiras experiencias "lonxe" da súa casa. O blog tamén busca que esteades informados do que sucede e así favorecer a conversa na vosa casa sobre o que pasou ao longo da semana.

Como sabedes acabamos de comezar o periodo de adaptación, un periodo tan necesario e útil para os nenos e nenas como caótico para as familias, por iso agradézovos dende o primeiro momento a vosa disposición e axuda nestas dúas semanas.

Un saúdo e benvidos ao noso acuario.
 

Design By:
SkinCorner