martes, 22 de diciembre de 2009

ÚLTIMOS ANIVERSARIOS DO ANO!



FELIZ ANIVERSARIO CANDELA E RODRIGO!!!!!!!!

Moitísimas grazas as familias de Candela e Rodrigo pola gran colaboración na organización da festa. Grazas a vós disfrutamos dunha tremenda merendola e dunha fantástica tarta de chocolate. Espero que disfrutedes do video ao igual que toda a clase do peixe disfrutamos da festa.

martes, 15 de diciembre de 2009

URXENTE: SUSPENSIÓN DAS CLASES O MÉRCORES 16 DE DECEMBRO

Maña suspéndense as clases por precaución á chegada dun temporal no día de mañá, 16 de decembro.

lunes, 14 de diciembre de 2009

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

viernes, 11 de diciembre de 2009

A FESTA DO MAGOSTO

Ensínovos, aínda que con moito retraso, o video da festa do magosto. Nel podemos velos preparativos así como o momento da festa, a cal foi nun patio novo...miña madriña! canto espazo para poder correr.

Xa sei que foi moi longa a espera pero espero que o disfrutedes.

jueves, 10 de diciembre de 2009

PROBLEMA COA REDE

Síntoo non poder publicar nada de todo o que fixemos ao longo deste mes.Atopeime cun problema coa rede no meu novo domicilio que é onde me dedico o deseño e publicación do blogue. Como na clase é imposible facelo sen deixar ao nenos "sen vixianza" tiven que pospoñelo ata que fora resolto.

Espero que ao longo da fin de semana poder poñervos o día e colgar as fotos do magosto, aniversario e a chegada do nadal á clase do peixe.

Tamén espero que este parón de publicación non afecte a vosa participación no blogue a partir de agora.

Disculpade a falta de novidades! Como recompensa poñovos as primeiras fotos do grupo ao completo, como podedes ver é moi difícil conseguir que todos estean nun mesmo sitio durante a foto.

Un saúde e ata pronto.


AS PRIMEIRAS FOTOS DA CLASE DO PEIXE:


sábado, 7 de noviembre de 2009

POUCO A POUCO CHEGA O OUTONO

Pouco a pouco foi chegando o outono a clase do peixe. Todo comenzou cun propósito: facer unha árbore para a nosa aula... e por fin podemos dicir QUE BEN NOS QUEDOU!
Foi un proceso bastante longo, xa que o árbore que chegou, nun primeiro momento, non pareceu ser o máis apropiado.Ao xuntarnos a velo xurdiron os primeiros comentarios pero rapidamente sairon os seguintes pasos que debiamos facer:
- "fáltanlle ramas",
- "está sen pintar",
- "e as follas?".



Así que nos puxémonos mans a obra para comezar o que foi a nosa principal labor desta semana.

1º Pintamos toda a árbore.



2º Cada un fixo a súa propia rama.



3º Por suposto, cada un tiña unha preferencia para poñela.


4º e último, fomos a por follas para poñelas na árbore. Este foi o resultado que logramos. Cremos que xa é hora de que vos tamén podades velo cos vosos ollos.Que vos parece?



Agora estamos a buscar outro tipo de follas diferentes: máis grandes, máis pequenas, doutras cores... podedes axudarnos?

martes, 3 de noviembre de 2009

ANIVERSARIOS 30-10-09: PRIMEIRA FESTA DOS PEIXES


OS PROTAGONISTAS



Despois de tallar a cabaza comezamos coa festa dos aniversarios. Tiñamos preparada unha boa pista de baile chea de globos para mover o noso corpo e facer fame para a merenda preparada.

Os tres homenaxeados sopraron as velas ao tempo que o resto cantaba a canción de felicitacións, despois dun grande aprauso "coroamos" aos protagonistas. Este é un breve resumo da nosa primeira festa na clase dos peixes. Disfrutádeo!


domingo, 1 de noviembre de 2009

SAMAÍN

Como sabedes a festa dos aniversarios coincidiu coa celebración do Samaín, así que amósovos o primeiro video do día, o cal está centrado nas actividades que fixemos coa cabaza antes da festa.

Despois de ulir, tocar, pesar e analizar a hortaliza, e grazas a axuda de Juan (o mestre de psicomotricidade e de apoio,) puidemos ver como se tallaba unha cabaza. Disfrutamos deste momento a clase do peixe e a clase do tren.

Como recordo desta conmemoración levamos as caretas que fixemos ao longo da semana.

Espero que disfrutedes co video igual que nos disfrutamos neste día!




MAÑA LUNS DÍA 2 DE NOVEMBRO NON HAI CLASE

Recórdovos que o luns día 2 de novembro non hai clase por ser un dos días que se establece como non lectivo.

Un saúdo e ata o martes!

lunes, 19 de octubre de 2009

ORGANIZACIÓN DOS ANIVERSARIOS

Esta é a organización dos aniversarios na clase do peixe. En cada mes hai unha data prefixada para celebrar cunha gran festa os aniversarios. Deste este xeito todos teremos a nosa festa sen importar que o noso cumple sexa nun festivo, vacacións, etc...
(clicade para ampliar)



lunes, 12 de octubre de 2009

O PRIMEIRO MES

Xa cumprimos o noso primeiro mes no cole. Os primeiros días foron un pouco difíciles tanto para eles como para min pero foi un bo proceso onde comezariamos a coñecernos e na cal, empeza a nosa “convivencia escolar”.


Non fun consciente que eu tamén tiña que pasar por un periodo de adaptación, por iso comencei moi cedo co blog e vinme despois incapaz de atender a todo o que tiña plantexado. Este mes foi moi intenso xa que tiñamos que adaptarnos aos distintos momentos do día, ao caracter de cada un... Remataba o día moi cansa. A partir de agora as publicacións no blogue serán máis continuas, cada semana poñerei as novidades que sucedan no noso acuario.


Nestes primeiros días coñecimos os materiais e algúns espazos do cole: a aula de psicomotricidade, a aula de video, o patio, os baños... Todos eles foron motivo de conversas e momentos divertidos para nós.


Como calquera outra convivencia é importante marcar unhas normas para facilitar o levarnos mellor e que nos axuden a prever e resolver os conflitos. Comezamos con elas nestas dúas últimas semanas. Introducímolas de xeito motivador (ou iso pretendo) coa chegada dun sobre para a “clase do peixe” cunha lámina identificativa, para que pouco a pouco as interioricemos.


Só temos dúas normas marcadas polo momento pero iso sí, facémolas bastante ben!:


A primeira é a norma da asemblea; a cal é importante para comezar pouco a pouco a escoitamos e coñecernos. Con esta norma traballamos o sentarse de xeito que todos nos vexamos a cara, que para falar levantemos a man e o máis importante, que cando un fala os demais temos que escoitar. Sei que é unha norma moi complexa pero en pouco días xa atopamos eses momentos máxicos de reunión entre nós.


A segunda norma que traballamos é a de “facer ben o tren”, coa que xa somos uns grandes expertos.


En breve chegará outra norma que dará moito que falar na clase...


Outro dos elementos novos que chegaron a aula é o noso reloxo das rutinas. Nel marcamos cales son os principais momentos do día.


Ata este momento estivemos moi preocupados por cando ímos para casa, cando chega mamá ou papá, cando imos o patio...e calquera cambio brusco no día era susceptible de agobios e choros. Se miramos para o noso reloxo saberemos que virá despois, cando é o momento do patio, o momento do conto, etc... Este reloxo será unha peza que axudaranos a tranquilizarnos, a disfrutar da nosa xornada e facilitar a formación das nocións espazos-temporais.


Ao longo desta semana publicarei a miña idea para a organización dos aniversarios dos nenos e nenas da clase.


Un saúdo!

sábado, 12 de septiembre de 2009

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO ACUARIO

Pónse en marcha o novo blog da clase dos peixes, unha clase de nenos e nenas de 3 anos de Arteixo. A idea principal deste blog é que sexa un espazo para opinar, informarse e participar da vida escolar dos vosos fillos e fillas.

Que mellor lugar que nun acuario para reunirse e comentar a experiencia dos nosos peixes, é por iso que escollín este nome para o blog. Espero ir convertindo o blog nun acuario acolledor onde podamos favorecer un traballo onde teñades cabida tamén dende a casa.

Na maioría dos nenos e nenas é unha das primeiras experiencias "lonxe" da súa casa. O blog tamén busca que esteades informados do que sucede e así favorecer a conversa na vosa casa sobre o que pasou ao longo da semana.

Como sabedes acabamos de comezar o periodo de adaptación, un periodo tan necesario e útil para os nenos e nenas como caótico para as familias, por iso agradézovos dende o primeiro momento a vosa disposición e axuda nestas dúas semanas.

Un saúdo e benvidos ao noso acuario.
 

Design By:
SkinCorner